Varios concellos da provincia acollerán xornadas e charlas formativas sobre gripe A, que serán impartidas por profesionais técnicos de Sanidade na Deputación e nos municipios da provincia que así o demanden.
O contido dos relatorios, dunha hora de duración aproximadamente e destinados a empregados da Deputación e municipios de menos de 20.000 habitantes, versará sobre que é a gripe A, como se contaxia o virus A (H1N1)v, cales son os síntomas, en que período se pode contaxiar o virus, e cales son os denominados grupos de risco.
O lugar de impartición das charlas será o Pazo Provincial, a sede de Vigo, e aqueles locais que facilite cada concello.
Mapa del sitio | ©2012 Asociación Provincial de Empresarios del Comercio de Bazares y Artículos de Regalo de Pontevedra | Nota legal
Rúa Taboada Leal, 31-Baixo. 36203 Vigo (Pontevedra) | Tlf.: 986 484 191 - Fax.: 986 484 364 | Email: info@bazarespontevedra.com